Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais. Queren ser youtubers! Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuber é algo máis que sorprendente…
Xoán Babarro González, nado en Calvelo (Zorelle, Maceda) o 23 de decembro de 1947, é un escritor e lingüista galego.
Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras, ingresando no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente até 1971, data en que se trasladou a Galicia.
É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008 foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego