Honni soit qui mal y pense. Isto non é un panfleto, é un relato. Quen crese o contrario, nin da FUE sabe, nin sabe de min. Escríbeseeste libro para que a opinión coñeza con exactitude o que apenas puido entrever a través da prensa turiferaria do despotismo, a través das palabras ?palabras aladas,
Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria, Namiq Ziyá, P. F. (Pauviños Fontenla) .
e descubre todas as novidades do libro en galego