PREMIO RAM╙N PIÑEIRO DE ENSAIO 2019. O thriller xacobeo, a novela policial e a narcoficción son os casos singulares a partir dos que Xaquín Núñez Sabarís efectúa un percorrido pola cartografía da narrativa galega actual. Tres casos e tres escenarios nos que se enfoca o método trasmedial e c
Xaquín Núñez é profesor investigador na Universidade do Minho, crítico literario e teatral, e escritor. Co estudo «Cartografías da narrativa galega contemporánea» (2020) gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Colabora con recensións críticas nas revistas «Grial» e «Erregueté. Revista Galega de Teatro» e, en 2023, iniciou a súa actividade creativa co libro «Viaxe incerta a L.A.», con fotografías de Ana Cea e textos literarios seus. Co poema «Nómadas» foron finalistas dos premios Ari(t)mar á mellor poesía en lingua galega.
Dentro da divulgación literaria e cultural, foi o comisario da exposición «Noreste, cuarta, oeste. Roteiros de ficción», do proxecto Nortear, e coordinador de contidos da sección Criminal do festival SELIC (Santiago de Compostela). «Mañá, cando sexamos luns» (2026) é a súa primeira novela na colección Narrativa de Xerais.
e descubre todas as novidades do libro en galego