Hai personaxes tan vivos, tan vivos, tan vivos... que saen dos libros e comezan a vivir por fóra das páxinas. Iso é o que lle acontece a Guillermo o día en que decide marchar do libro e dar unha volta polo mundo exterior.
Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.
Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade. Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.
e descubre todas as novidades do libro en galego