é un libro de conversas coas que marcharon forzadas por unha crise, ou crises, que nada teñen que ver con elas. Un libro de historias en primeira persoa sobre a nova diáspora galega onde falan as súas protagonistas, e que intenta romper coa idea patriarcal da emigración galega. Os testemuños das
Son unha das malas herbas que abrollou en Matamá, na veciñanza de Vigo, nunha primavera ao cabo da infame década dos setenta. Exerzo a miña faceta creativa de madrugada, antes de que aparezan as primeiras luces do día e, con elas, intento triunfar na vida no meu tempo libre con diversos traballos que varían dependendo da conxuntura do momento e do lugar.
Nestes momentos estou a vivir en Edimburgo, lugar do que veño e vou aos poucos para intentar paliar a saudade que acompaña a morriña por estar lonxe da miña xente. A escrita sírveme de revulsivo e, por iso, nos meus traballos pódense atopar escenas grotescas, decadentes e gores, resultado da frustración que xurde, entre outras cousas, ao ter que se buscar unha a vida en terras estrañas.
e descubre todas as novidades do libro en galego