Florencio Delgado Gurrriaran recolle en O soño do guieiro, como homenaxe ao seu amigo e compañeiro político, Castelao, poemas de corte social e reivindicativo publicados durante a República, a guerra e o exilio, dos que indica que son "a miña resposta a certos aconteceres deste século noso que xa
Florencio Manuel Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia.
A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.
e descubre todas as novidades do libro en galego