Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. ╔ intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez
Irene Rega Jul, nada en San Cibrao en xaneiro de 1996 é unha escritora galega.
Estudou o Grao de Educación Primaria na Universidade de Santiago de Compostela.
Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.
En xuño de 2022 gañou a sexta edición do Premio de narrativa Illa Nova para menores de 35 con O libro dos corazóns rotos (editada en Galaxia como A malferida). Segundo o xurado: "Cunha linguaxe coidada, pero moi directa consegue transmitir un fondo desacougo no tratamento dun tema tan delicado como o do acoso escolar. A autora arrisca no seu desenvolvemento e na denuncia social da sociedade contemporánea.
Gustoume moito!! Tema moi actual, o acoso nos adolescentes. Como o medo che fai actuar dun xeito que nin ti mesmo entendes.
e descubre todas as novidades do libro en galego