Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.
Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega. Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha trax¼xectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como un optimista radical. Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Valora FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA