Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora ┴nxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el
Doce cartas a María Victoria Moreno (da autora ┴nxela Gracián) é unha biografía novelada narrada por un dos seus personaxes máis entrañables, o lobo Garimoso, ese que no seu libro Mar adiante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque ela o soñou bondadoso, por primeira vez dende que el ten memoria, e quen sabe se para sempre!
Fascinado por esa nova vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso inicia a lectura de todos os libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que sobre ela se escribiron e, logo do mergullo nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Estremadura. Así, rememoraremos a súa infancia como paraíso perdido; as vivencias da mocidade e as aspiracións desta estapa; a súa concepción da docencia na que defende un ensino responsable e respectuoso que introduce os afectos na aula, así como os gustos e as inclinacións; as lecturas; os gozos; a lealdade eterna aos amigos e aos mestres -aos de de papel e os de carne e óso-, a teimosía; o sentido épico da vida e, finalmente, a escrita como único exorcismo ante a dor de sabernos perecedoiros.
Partindo dunha documentación verificable e de feitos efectivamente acontecidos nun tempo e nun espazo, o libro achéganos ?cunha narración áxil e imaxinativa na que destacan os diálogos divertidos que atraerán ao público infanto-xuvenil? á vida auténtica e ao legado literario da escritora María Victoria Moreno, galega de sentimento e de adopción dende que veu vivir a Galicia a mediados dos anos 60 e asumiu a súa lingua como propia, sendo o galego dende entón a lingua coa que falou co mundo e contribuíndo co seu traballo incansable á consolidación da literatura e a cultura de noso.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d' A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).