Unha sátira contra as ditaturas, unha fábula moderna que critica os totalitarismos e a corrupción que enxendra o poder. Máis aló do réxime soviético no que se contextualiza, é unha ferramenta de formación nas aulas. Ilustración de portada: Adrià Fruitós
Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e 1984.
e descubre todas as novidades do libro en galego