1. INICIO
  2. Libros
  3. POLAROID (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)
POLAROID (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)

POLAROID (EDICIÓN XXV ANIVERSARIO)

Suso De Toro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos oitenta, axudando de forma decisiva a reorientala nos vieiros da modernidade. Publicado por vez primeira en 1986, dentro da colección XERAIS NARRATIVA, recibiu dende entón, un grande apoio dos lectores novos, que

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2460-6
EAN
9788497824606
Formato
TAPA DURA
Avatar

Suso De Toro

Ver autor

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”—Basilio Losada

Fillo de Antonio de Toro orixinario de Formariz (provincia de Zamora) e de Mercedes Santos, orixinaria de Falapaso (Camboño, Lousame). Os seus pais tiveron varios negocios principalmente de hostalería, dos cales cabe destacar o Mañoso na rúa de Sar e o Café Venecia (aberto a día de hoxe) e nos que Suso traballou dende novo.

É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, ata ser apartado polas súas opinións no eido político. Hoxe conta cunha conta da denostada rede social X con máis de 95.000 seguidores. Publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.

O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Suso De Toro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego