Quererás comelo dun bocado, pero hache saír antes unha gargallada tan grande coma un queixo. Con este libro abrirás a boca!
Heidi Kühn-Bode, nada en Eching (Baviera) o 3 de xullo de 1945 e finada na Coruña o 20 de maio de 2020, foi unha tradutora e escritora alemá en galego, alemán, castelán e inglés.
Kühn-Bode chegou a España nos anos sesenta, primeiro para traballar como tradutora en Bilbao, e despois en Madrid. Alí, durante unha manifestación antifranquista, coñeceu a quen sería seu home, con quen se instalou a vivir na Coruña desde 1968. Na cidade coruñesa deu clase de inglés en colexios da cidade (Compañía de María) e despois foi profesora da escola de idiomas.
Era especialista na obra de Henry James e traduciu ao alemán escolmas de poesía galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego