1. INICIO
  2. Libros
  3. MISTERIO NA SELVA DE NGORONGON (OS DUROS)
MISTERIO NA SELVA DE NGORONGON (OS DUROS)

MISTERIO NA SELVA DE NGORONGON (OS DUROS)

Alberto Varela Ferreiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A selva de Ngorongón é unha selva ben curiosa onde o misterio é un máis dos seus habitantes. Así que haberá que andar con tinoà Una historia escrita e ilustrada por Alberto Varela Ferreiro.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2009-06-30
Páxinas
32
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5201-7
EAN
9788498652017
Formato
TAPA DURA
Avatar

Alberto Varela Ferreiro

Ver autor

Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. 

Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. 

En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020), «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022) e «O dragón anoado» (2024).

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Alberto Varela Ferreiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego