1. INICIO
  2. Libros
  3. ANAMARCIANA: VACACIÓNS EN EUROPA
ANAMARCIANA: VACACIÓNS EN EUROPA

ANAMARCIANA: VACACIÓNS EN EUROPA

Alberto Varela Ferreiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Animado polo éxito de crítica e público do primeiro libro de Anamarciana (Premio Lecturas 2001 da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil- GALIX), Alberto Varela Ferreiro presenta unha nova entrega da extraterrestre máis simpática da galaxia. Chega o verán e Anamarciana, como todo o mundo,

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4830-2964-0
EAN
9788483029640
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Alberto Varela Ferreiro

Ver autor

Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. 

Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. 

En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020), «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022) e «O dragón anoado» (2024).

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Alberto Varela Ferreiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego