Antón Seixas era un mozo galego que tivo que emigar cara a Cuba cando estoupa a Guerra Civil española. Na Habana traballa no ultramarinos do seu tío Manolo e, por casualidade, descobre que un mafioso chinés planea un gran roubo... Ameazado de morte, ten que fuxir a Nova York e mudar de…
Alberto Varela Ferreiro é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo.
Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º premio do concurso de cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio Continuará da Facultade de Sant Jordi ou o Premio Curuxa do Museo do Humor de Fene.
En Xerais, como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (2000), «Anamarciana. Vacacións en Europa» (2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (2005), e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (2004), «Lume!» (2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (2009). En banda deseñada publicou «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» (2018), «Wolfram» (2020), «Plus Ultra. Transición ao futuro» (2022) e «O dragón anoado» (2024).
Acabo de ler O dragón anoado, unha interesante banda deseñada de Alberto Varela Ferreiro publicada en Xerais nun formato moi acertado para a lectura. Nesta obra atopamos varias historias do máis internacional co nexo común do investigador galego Xeixas Johnson que emigrou a Cuba e tras descubrir unha trama mafiosa na Habana, vese obrigado a emigrar aos Estados Unidos. Así a todo a historia nin comeza nin remata aí. Xeixas Johnson e o seu antagonista chinés atópanse en cada unha das historias que conforman esta obra en diferentes momentos ao longo da historia, desde a época da expansión europea en Asia e América ao século XX e mesmo a un futuro que nos recorda moito ao presente no século XXV. Cada unha das historias é en certo modo autoconclusiva e pódese ler por separado pero o conxunto proporciona unha experiencia lectora máis completa. Hai varias circunstancias que a min me gustaron especialmente nesta obra: - O feito de que se centre moito en épocas históricas pouco habituais nos libros xuvenís: o leste do antigo mundo, non só China e Xapón, ou a época das civilizacións precolombinas en América. - O apéndice histórico é unha moi útil guía que proporciona (polo menos no meu caso) unha información moi útil sobre lugares e personaxes mencionados na obra ─aínda que creo que tería estado mellor telo ao final do volume─. - A calidade do debuxo e o interese das historias cun investigador galego pero dentro do allo dos acontecementos internacionais. - Como sempre para min, o sentido do humor é un elemento que nos esperta un sorriso en calquera elemento: desde en momentos da acción ata os propios nomes dos personaxes, Claudia Chiffler, Fu Man Yu, Don Chichas... Todo mellora na vida coa dose xusta de humor! Un libro moi recomendable para calquera adolescente ou adulto que busque unha lectura de pura evasión con este investigador do que eu xa quedo agardando máis aventuras!

e descubre todas as novidades do libro en galego