Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño e Rato Tom caeu redondo do bidón. Ai que desgraza!, berrou Tomasa. Vestiuse de loito e pechou a casa; e contoulle a súa pena á cociñeira; e a cociñeira á ola; e a ola á fonte....Ata o ceo
Marisa Núñez (Sarria, 1961) é unha autora galega que publica baixo varios pseudónimos (por exemplo Patacrúa ou Luisa Morandeira) e adoita escribir versións de contos tradicionais publicados en formato de libro ilustrado, aínda que tamén ten textos propios.
e descubre todas as novidades do libro en galego