1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
Avatar de XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA

XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA

A Estrada , 1942
7 títulos
0 seguidores

Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.

Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.

Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.

Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.

Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de GaliciaDiario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.

En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.

Libros de XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA

Un ano e un día
Un ano e un día
Náufragos en terra
Náufragos en terra
A negra
A negra
Outono na illa
Outono na illa
Todo o peso do ceo
Todo o peso do ceo
Como paxaro caído no niño
Como paxaro caído no niño
Tres en raia
Tres en raia

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego