1. INICIO
  2. Libros
  3. NÁUFRAGOS EN TERRA
NÁUFRAGOS EN TERRA

NÁUFRAGOS EN TERRA

Xosé Manuel Martínez Oca
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Náufragos en terra está constituído por seis relatos, " A presencia " , " Cari " , " Antes do naufraxio " , " Fin de semana " , " Os cumios da serra " , " Saudade con botella e velador " que son outras tantas historias de amores imposibles,

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4750-7906-6
EAN
9788475079066
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Xosé Manuel Martínez Oca

Ver autor

Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.

Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.

Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.

Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.

Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de GaliciaDiario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.

En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Manuel Martínez Oca

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego