Un neno orfo é adoptado por dona Sara, unha das mulleres máis ricas da vila, viúva dun mártir que dera a vida pola patria, cando o Alzamento Nacional. Mans de neve ten a nova nai, pola brancura e a frieza conta nte. A mesma frieza que percorre as páxinas desta historia que fala du n tempo
Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.
Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.
Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.
Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.
Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.
En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.
e descubre todas as novidades do libro en galego