Nun tempo que presumimos contemporáneo do lector, o protagonista, xa adulto, regresa á vila onde transcorreu a súa nenez, nun exercicio inútil, como case sempre, de recuperar un tempo definitivamente perdido. En acción paralela, transcorre un ano da vida dese mesmo heroe, nunha especie de flash back
Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.
Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.
Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.
Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.
Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.
En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.
e descubre todas as novidades do libro en galego