1. INICIO
  2. Libros
  3. COMO PAXARO CAÍDO NO NIÑO
COMO PAXARO CAÍDO NO NIÑO

COMO PAXARO CAÍDO NO NIÑO

Xosé Manuel Martínez Oca
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Como consecuencia da morte de súa nai, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai. Nesta novela saen á luz as contradicións que calquera muller pode chegar a ter a respecto das relacións de poder

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
BAÍA EDICIÓNS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4965-2640-2
EAN
9788496526402
Formato
RUSTICA
Avatar

Xosé Manuel Martínez Oca

Ver autor

Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.

Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 residiu en Ourense, de alí pasou á Coruña onde se asentou, con períodos en Ferrol, Cee, Madrid e Bilbao. Fixo o servizo militar en 1964 en Sidi Ifni, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.

Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.

Nunha autopoética para o Boletín Galego de Literatura, en 1994, o autor dicía que entende a creación literaria como unha diversión, un modo de desfrutar co exercicio da escrita e contrarrestar, a vacuidade da vida cotiá, enganándose a si mesmo para poderse crer un pequeno deus, creador de mundos e personaxes movidos ao seu antollo.

Colaborou en revistas como Dorna, Man Común, Follas Secas, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura ou Madrygal, e tamén en xornais como El Ideal Gallego, La Región, La Voz de GaliciaDiario 16 de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra.

En 2022 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) distinguiuno como autor "na súa terra" por decisión unánime da súa asemblea de socias e socios. A homenaxe tivo lugar na Estrada o 18 de xuño.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Manuel Martínez Oca

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego