«Acompaña a Avelina e os seus amigos neste álbum onde ti es o que elixe a aventura.» A hipopótama Avelina está na casa morta de aburrimento, pero apareceranlle unha morea de opcións para ter cousas que facer. Saír da casa e dar un paseo Dar unha volta en coche con Timoteo Quedar coas amigas Ler un
Gracia Iglesias (Madrid, 1977) é escritora, contadora de historias e xornalista. Despois de traballar para importantes medios de comunicación, agora dedícase por completo á literatura, á narración de historias e á docencia a través da ELIJ, a súa Escola de Literatura Infantil e Xuvenil. Publicou case sesenta libros e recibiu varios premios, incluído o Premio Luna de Aire de poesía infantil.
A súa obra foi traducida a dez idiomas. Entre os seus moitos títulos, destacan os libros ilustrados Felipe ten a gripe, Marcelina na cociña e A visita estraña, así como o álbum de cancións infantís Canta con Gracia e Salero e a serie Tembleques, dirixida a nenos pequenos que xa len de forma independente.
e descubre todas as novidades do libro en galego