Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria
Yolanda Castaño Pereira, nada en Santiago de Compostela o 19 de abril de 1977, é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión.
Yolanda Castaño trasladouse en 1990 á Coruña. Na Universidade da Coruña rematou Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de premios de poesía menores. Con 17 anos, grazas ó Premio de poesía Fermín Bouza Brey de 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Ademais, obtivo o Premio de poesía Johán Carballeira por Vivimos no ciclo das Erofanías, que tamén foi Premio da Crítica Española en 1998.
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.
e descubre todas as novidades do libro en galego