1. INICIO
  2. Libros
  3. A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA
A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA

A MATERIALIDADE DAS FILLAS DE LUPA

Inma Otero
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2022-09-08
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0172-1
EAN
9788411101721
Avatar

Inma Otero

Ver autor
Inma Otero Varela (Carral, 1976) é licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega. Actualmente traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre. Foi lectora de galego na Universidade La Sapienza de Roma entre 2003 e 2008. Colabora como crítica literaria no suplemento «Sermos» do xornal «Nós Diario», en «Grial» e na web italiana «Insula Europea», entre outros medios. Combina estas tarefas coa investigación literaria, a tradución e o ensaio, desde o interese polos cruzamentos entre a literatura e a filosofía, como xa amosaba a memoria de licenciatura «O posmodernismo no sistema literario galego» (2007). Algunhas das súas publicacións no eido da literatura son o monográfico «Criminal. Eu é. Dúas novelas de Xurxo Borrazás» (2000) e «A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura» en «Anotacións sobre literatura e filosofía», nº 6 (2014). No ámbito da filosofía traduciu a obra «Emerxencia» de Maurizio Ferraris (2017) e publicou «O obxecto muller e o xiro ontolóxico» (2021).
«A materialidade das fillas de Lupa» (Xerais, 2022) é o seu último libro publicado.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Inma Otero

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego