1. INICIO
  2. Libros
  3. VIOLETA ÁS AGACHADAS
VIOLETA ÁS AGACHADAS

VIOLETA ÁS AGACHADAS

Ramón D. Veiga
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así... Un álbum ilustrado onde aprender

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0379-4
EAN
9788411103794
Formato
TAPA DURA
Avatar

Ramón D. Veiga

Ver autor
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023) e «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023), e en 2023 o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!»
Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19, e «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína.
Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022).
Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Ramón D. Veiga

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego