1. INICIO
  2. Libros
  3. A CAZADORA DE ESTRELAS
A CAZADORA DE ESTRELAS

A CAZADORA DE ESTRELAS

María Canosa Blanco
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2023-09-07
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0390-9
EAN
9788411103909
Avatar

María Canosa Blanco

Ver autor
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora.
Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG.
Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega.
É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024).
Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023).
Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019).
É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Canosa Blanco

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego