1. INICIO
  2. Libros
  3. O LEGADO DA NENA DO SAL
O LEGADO DA NENA DO SAL

O LEGADO DA NENA DO SAL

Elena Gallego
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2024-02-15
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0491-3
EAN
9788411104913
Avatar

Elena Gallego

Ver autor
Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais.
Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil «Dragal», publicada por Xerais: «Dragal I. A herdanza do dragón» (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); «Dragal II. A metamorfose do dragón» (2011); «Dragal III. A fraternidade do dragón» (2012); «Dragal IV. A estirpe do dragón» (2015) e «Dragal V. O segredo do dragón» (2019).
Autora da novela policial «Sete Caveiras» (Xerais, 2014), da romántica «O Xogo de Babel» (Xerais, 2017), e da histórica «O legado da nena do sal» (Xerais, 2024), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra «A promesa» (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa «Imos Contar Mentiras», «Pontevedra Ficción» e «Proxecto Legado» (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023).
Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, participa en faladoiros e imparte conferencias.
Fotografía da autora: Lois G. D.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Elena Gallego

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego