Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia
Alberto Manuel Ramos Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1986, é un xornalista, narrador e dramaturgo galego.
Licenciado en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a súa profesión en Xornal de Galicia até o 2011, colaborando despois con medios como Luzes, Praza Pública e Sermos Galiza e traballando como freelance. Na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é o encargado de comunicación dos Premios María Casares. No ano 2023 viuse envolto nunha polémica nas redes sociais con Francisco Castro Veloso logo da publicación dunha entrevista de Montse Dopico en Praza.gal sobre a súa novela Os corpos dos Romanov.
Cando merquei este libro nunha feira, o libreiro recomendoumo como o do escritor que decapitou a Francisco Castro (que o fixo dimitir da editorial Galaxia). Deberíano poñer, se é motivo de máis ventas, na contracapa de todas as obras de Alberto Ramos. A sinopse, a da empresa de pirotecnia que estoupa, lembroume o caso real de Tui, e eu entreille por aí. Logo xa vin que ese caso real era a escusa para falar da corrupción nun estilo Chirbes menor, con moitos personaxes excelentemente detallados, e unha descrición de caracteres que nunca decae. Hai que ir sumando o que lles pasa a 15 personaxes para ver o panorama total. Gañoume o sentido do humor tanxencial, como o que non quere facer brincadeiras, e o retrato bastante crible da maraña político empresarial.
e descubre todas as novidades do libro en galego