1. INICIO
  2. Libros
  3. BO DÍA, TRISTEZA
BO DÍA, TRISTEZA

BO DÍA, TRISTEZA

Fran‡oise Sagan
0 veces listado

Bo día, tristeza é a novela coa que Françoise Sagan debutou na narrativa en 1954, cando a autora tiña só dezaoito anos. O seu éxito fulgurante, e tamén o escándalo que acompañou a publicación, contribuíron a convertela nunha novela de culto, traducida a ducias de linguas e levada ao cine por Otto

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RODOLFO E PRISCILA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4124-5629-5
EAN
9788412456295
Formato
RUSTICA
Valoracións das lectoras e lectores
3.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

100%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Leo No
3

Incrible que se escribise con 17 anos. Non tan escandaloso como cando saíu en 1954, pero en todo caso, unha análise profunda desde o punto de vista da protagonista (Cécile), unha moza de tamén 17 anos, sobre o que se lle pasa pola cabeza, das relacións entre ela e o seu pai viúvo (o playboy Raymond), entre o seu pai e a súa noiva á que lle leva moitos anos (Elsa), e outra noiva máis da súa idade (Anne) que aparece en escena para casar con el e poñer orde na vida desarranxada que leva arrastrando a súa filla con el: Cécile e Raymond son dous vividores que queren e non queren deixar a boa vida de festa, baile e sensualidade. Estamos nunha casa á beira da praia na Costa Azul francesa e á felicidade está nos baños de sol, no mar e en deixarse levar polo verán fuxindo de calquera responsabilidade... A novela tarda en arrincar pero despois da segunda parte na metade do libro, amosa atinadamente desde dentro o cerebro dunha incipiente manipuladora, con ducias de frases certeiras e ben afiadas.

Outros libros de Fran‡oise Sagan

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego