Esta libro conta a historia de Paco, que reflexiona sobre a súa relación frustrada con Laura e sobre a súa propia vida. Trátase dunha historia de amor contada desde o outro lado, tamén dunha reflexión sobre o que foi e sobre o que puido ser, sobre a aceptación da renuncia ao gran amor. Os éxitos, os
Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.
Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia. Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro
Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán. Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.
Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.
Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés. A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego