Nace un campión é unha reedición, en novo formato, da novela de Ursula Heinze que xa ten engaiolado a miles de lectores. Con este libro has descubrir que os verdadeiros campións fanse co esforzo e coa constancia. Ocupouse de poñerlle imaxes a esta edición o coñecido ilustrador lugués Xan López
Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
e descubre todas as novidades do libro en galego