Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia,
Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.
Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.
Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.
No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.
e descubre todas as novidades do libro en galego