1. INICIO
  2. Libros
  3. ULCIS
ULCIS

ULCIS

Xosé Fernández Ferreiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro:

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1702-2
EAN
9788491217022
Formato
RUSTICA
Avatar

Xosé Fernández Ferreiro

Ver autor

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.

Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Fernández Ferreiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego