1. INICIO
  2. Libros
  3. A SAGA DUN AFIADOR
A SAGA DUN AFIADOR

A SAGA DUN AFIADOR

Xosé Fernández Ferreiro
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mirando. Logo foi á corte e viu as vacas roendo na palla por riba do carro. As pitas no poleiro, os porcos ganindo no cortello, esperando pola calda da cea. Na eira oíanse os rapaces que

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4750-7683-6
EAN
9788475076836
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Xosé Fernández Ferreiro

Ver autor

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.

Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa e, en 1975, publicou A morte de Frank González, que foi a primeira novela de vaqueiros escrtita en galego. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.

No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Fernández Ferreiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego