Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Neste novo libro de Ferreiro, o seu primeiro conxunto de relatos, atopará o lector case todo o acervo narrativo tradicional: ánimas en pena, o lobo, encantos, serpes, a estadea, nunhas historias contadas co sabor inxenuo e marabillado dos contos referidos a carón do lume nas lareiras aldeanas.Dunha
Neste novo libro de Ferreiro, o seu primeiro conxunto de relatos, atopará o lector case todo o acervo narrativo tradicional: ánimas en pena, o lobo, encantos, serpes, a estadea, nunhas historias contadas co sabor inxenuo e marabillado dos contos referidos a carón do lume nas lareiras aldeanas.Dunha maneira case insensible, con esa naturalidade de quen está a describir algo moi seu, Ferreiro métenos na vida de aldea, no seu máis puro quefacer cotián, en historias que discorren sen alardes, coa suavidade da auga do río no remanso, antes de precipitarse no rodicio do muíño, como tamén a horizontalidade narrativa se precipitará finalmente nun cadoiro inesperado por máis esperado que o tivésemos.Co medo nas mans trae a nós un mundo que xa morreu, un mundo que os novos, para coñecelo, terán que llo buscar ós libros. Ferreiro coñoceuno, e viviuno, por iso hai tanta verdade nos seus relatos, aínda que non todos os contos pertenzan á tradición popular. Especialmente dous deles, lévannos a outros mundos distintos. O medieval en A morte de Orlando, unha das historias máis suxerentes desta entrega. E o mundo dos robots, dos centros de investigación espacial, en A estraña historia de Dolores, un relato inquietante, que por veces nos trae lembranzas do cine.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.