Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, ("FotoShock", "Carta a Berta",
Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, ("FotoShock", "Carta a Berta", "Hendra" e "Viaxe de Volta"), están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de "FotoShock", un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de "Hendra", unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de "Viaxe de volta", esa case segunda oportunidade que só se lles concede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da "Carta Berta".O quinto relato, "Lume da memoria", é a contribución do autor a unha certa, e fecunda, literaria da memoria, da historia das xentes humildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e as súas consecuencias."Camiño longo", é un drama interior, opresivo, onírico, fantástico, perfectamente acorde coas obras mestras do xénero."As formas gastadas dos soños" é ese pesadelo repetitivo, mecánico, no que afloran odio, autoodio, xenofobia e a procura da identidade. Un relato no que Caride amosa canto partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantas capas ten esa cebola que chamamos realidade. O realismo suxo e deprimente roxe en pezas como "Nocturno", e "L.H", o relato que nos ofrece a ollada do asasino lunático. "Interiores" é unha pequena peza do fantástico, onde se reflexiona sobre as conexións entre realidade e ficción, entre a persoa e o escritor, entre o creador e o personaxe.No último relato, "O camiño", un exemplo da literatura do marabilloso, que ben podería ser tomada por ciencia ficción sen selo.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Ramón Caride Ogando, nado en San Cristovo de Cea en 1957, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de ensino secundario até finais do 2017 no IES Ramón Cabanillas. Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da Asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, onde reside; e un dos promotores da revista homónima.
Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as series xornalísticas Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborou en suplementos culturais (Galicia Literaria, Faro das Letras, La Ría del Ocio, Arousa-Un mar de cultura).