Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes
Roald Dahl (1916-1990) cando estalou a Segunda Guerra Mundial incorporouse como piloto de combate á Forza Área británica. Un accidente aéreo retírao do servicio e permítelle dedicarse á creación literaria. Novelas e contos para adultos, guións cinematográficos e, sobre todo, a súas obras para nenos convertérono nun dos autores máis lidos do século XX.
Parte da súa obra de literatura infantil está traducida para o galego: "Charlie e a fábrica de chocolate" (Xerais, 2005),"Charlie e o grande ascensor de cristal" (Xerais, 2005), "As bruxas" (Xerais 1989, 2003), "Danny, o campión do mundo" (Xerais 1989, 2003), "Iago e o pexego xigante" (1990); "Matilda" (1993), "O dedo máxico" (1996) e "A marabillosa medicina de George" (Xerais 2004).
e descubre todas as novidades do libro en galego