Cantar na Coruña Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX Laiovento comprácese en ofrecer ao público lector a presente edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo
Xosé Manuel Sánchez Rei, nado na Coruña en 1973, é un filólogo e escritor galego.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa.
É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000, colaborando tamén con artigos en Terra e Tempo. Foi presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ata 2017 e actualmente pertence á súa xunta directiva.
e descubre todas as novidades do libro en galego