1. INICIO
  2. Libros
  3. DE PORTEIRO XOGUEI EU
DE PORTEIRO XOGUEI EU

DE PORTEIRO XOGUEI EU

Pedro Lenz
1 veces listado

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS LAIOVENTO
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4848-7683-0
EAN
9788484876830
Formato
RUSTICA
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Laureano Araujo
5

O Porteiro forma parte da moi extensa familia dos personaxes literarios incómodos. Lembremos, por exemplo, o Hans Schnier das 'Opinións dun pallaso', quen, desesperado, reflexiona sobre a súa vida con delicadeza e humor, e tece un relato sobre a memoria nunha Alemaña deshumanizada e oportunista, empeñada en esquecer a miseria moral do seu pasado nacionalsocialista. Mentres este pallaso de Heinrich Böll di coleccionar momentos e proclama que «o segredo do terror está no detalle», o Porteiro de Lenz «xa de neno, na escola, toleaba todas as mestras, porque sempre andaba a teimar nos detalles dos contos». Ao Porteiro tamén o obsesiona o pasado, tamén procura narrarse a si mesmo, tamén forma parte dunha sociedade, a suíza, que seguramente lle resulta inxusta e hipócrita. Ambos, o pallaso e o Porteiro, acaban chocando con quen os rodea, incluídas as mulleres que aman. Aos dous, a sociedade resérvalles un lugar moi preciso: a distancia.

Outros libros de Pedro Lenz

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego