1. INICIO
  2. Libros
  3. JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA

JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA

Ledicia Costas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo:

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2016-06-23
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1065-8
EAN
9788491210658
Avatar

Ledicia Costas

Ver autor
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con tres títulos ata o momento «Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo» e «Curriño. Fama ou fuga».
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Ledicia Costas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego