1. INICIO
  2. Libros
  3. O PUÑO E A LETRA
O PUÑO E A LETRA

O PUÑO E A LETRA

Yolanda Castaño
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por ½Cómic Poético╗. 40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1436-6
EAN
9788491214366
Formato
TAPA DURA
Avatar

Yolanda Castaño

Ver autor
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica - Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Autora multipremiada (Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009, Premio Fundación Novacaixagalicia, entre outros) Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais entre os que salientan «Vivimos no ciclo das Erofanías», «O libro da Egoísta», «Profundidade de campo», «A segunda lingua» ou «Materia» (Xerais, 2022) Premio Nacional de Poesía, 2023. É autora tamén de edicións bilingües destes poemarios para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. En 2018 publica «O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético» (Xerais, 2018) e en 2021 escribe «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias» (Xerais, 2021).
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Yolanda Castaño

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego