A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor e profesor galego.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora. No seu labor como profesor universitario, imparte as materias de Literaturas de lingua portuguesa e Literatura brasileira na USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego