A partir do concepto de "Rebelión", Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de Rebelión no inverno están en estado de rebelión, é dicir, na situación de
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor e profesor galego.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora. No seu labor como profesor universitario, imparte as materias de Literaturas de lingua portuguesa e Literatura brasileira na USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego