O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente. E ademais unha xeografía tridimensional das guerras, cartografa a planicie na que se enfrontan os estados
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor e profesor galego.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora. No seu labor como profesor universitario, imparte as materias de Literaturas de lingua portuguesa e Literatura brasileira na USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego