LÆ affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. Os personaxes enfróntanse a un contexto onde a conquista da esperanza é só o principio de toda loita política ou persoal, e a súa propia identidade colectiva representa un problema que hai
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol o 2 de marzo de 1979, é un escritor e profesor galego.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así como na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro Editora. No seu labor como profesor universitario, imparte as materias de Literaturas de lingua portuguesa e Literatura brasileira na USC.
e descubre todas as novidades do libro en galego