Poesía que vai de ti para min.
Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica (1985-1990) e en Filoloxía Galega (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1994-1998), traballador do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (1998-1999), responsable do Programa de Dinamización Sociolingüística das Comarcas de Galicia, da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1999-2004) e, dende 2004 profesor de Lingua galega e Literatura no ensino público. Entre 2007 e 2009 traballou como asesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dende 2019 forma parte da vogalía por Ourense do consello directivo da AELG. Dende 2012 é colaborador nas cabeceiras de Sermos Galiza e Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego