Retranca é hoxe sinónimo de humor galego, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara,
Félix Caballero Wangüemert, nado en Logroño en 1967, é un xornalista español. Vive en Galicia desde 1991.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e doutor en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo coa tese Xaquín Marín, innovación e tradición no humor gráfico galego (2015).
Traballou como xornalista en El Correo Gallego, Ría de Vigo e España Exterior. Ten publicado artigos sobre o humor en libros colectivos e revistas de comunicación. Fixo viñetas de humor para xornais e revistas, como Ribera Navarra, O Correo Galego e Ollo Público.
e descubre todas as novidades do libro en galego