Logo se ía forma-la nova banda de música. Os aspirantes practicaban sen parar cos seus intrumentos. Evaristo o xeadeiro sopraba con ilusión a súa trompeta. ¡ Pero que mal soaba! Estaba claro que precisaba axuda.
Xosé Luís de Toro Santos, máis coñecido como Xelís de Toro, nado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1962, é un escritor e artista multimedia.
O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Suso de Toro, tamén é escritor.
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1991-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Paco Macías. Foi cantante do grupo Os Quinindiolas. Realizou performances multimedia con Terminal e O buscapeixe. Foi colaborador habitual de Vieiros e reside en Inglaterra, onde traballa como editor internacional freelance. Forma parte do proxecto Laboratoro, que mestura música improvisada, poesía e movemento.
e descubre todas as novidades do libro en galego