TONI ODIA QUE LLE DEAN BICOS, E QUE O ESPERTEN CUN BICO MENTRES ESTA EN PLENO SOÑO E, SEN DOBIDA, A MAIOR CRUELDADE QUE LLE PODEN FACER. A Toni Pouta non lle gustan os bicos, mais mamá Pouta non o entende. Ela trátao coma se fose un bebé e Toni non o atura, pois el é o gato máis fedello da súa
Tomi Ungerer naceu en Estrasburgo (Alsacia, Francia) en 1931, pero, tras a morte do seu pai, a familia trasladouse ao pequeno pobo de Logelbach. A súa infancia quedou marcada pola guerra e a ocupación nazi. Na súa mocidade comezou a viaxar por todo o mundo e residiu en Laponia, Alxeria e Nova York. A esta cidade chegou en 1956 e rapidamente converteuse en caricaturista, ilustrador e autor de recoñecido prestixio.
Actualmente vive en Irlanda, dedicando o seu tempo a labores humanitarios. Posúe numerosos premios polas súas obras, entre eles o Hans Christian Andersen a todo o seu traballo como ilustrador infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego