Como sinalou a crítica, case toda a obra de Franco Grande ten un tema central: a vivencia do propio eu, en distintos estadios de desleixamento do mundo. Nese senso, o seu texto poético é unha mística da soidade. Como os místicos, escolma unha falsa simple e recorre ao símbolo e mais á exclamación
Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936 e finado en Vigo o 31 de marzo de 2020, foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado galego. Foi membro do Consello da Editorial Galaxia e membro de número da Real Academia Galega dende 1998. Da súa obra destacan títulos como Vieiro choído, Entre o si e o non ou o Diccionario galego-castelán.
e descubre todas as novidades do libro en galego